• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

O Concello outorga 12 premios no Concurso de Postais de Nadal

15/12/2023

O Concurso de Postais de Nadal convocado polo Concello, no que se convidou a participar ao alumnado dos tres colexios do municipio, xa ten gañadores.

Esta mañá o xurado formado por técnicos municipais -a animadora cultura e a profesora da actividade de manualidades e pintura ao óleo- e membros do equipo directivo de cada centro de ensino valorou todos os traballos presentados, seleccionando os que consideraron que eran os mellores de cada unha das catro categorías -establecidas por grupos de idade- segundo os criterios de creatividade, orixinalidade e composición.

Os premios consistirán en xogos, libros e material educativo e didáctico. O acto de entrega será o venres da próxima semana, día 22 de decembro na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas.

A relación de gañadores é a seguinte:

Categoría A (educación infantil, premios de carácter colectivo ás aulas)

  • Aula de 4º de infantil do CEIP Alfredo Brañas.
  • Aula de 5º de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
  • Aula de 6º de infantil do CEIP de Caión.

Categoría B (1º e 2º de primaria)

  • Laila Blanco Lago (1º do CEIP de Caión).
  • Helena Carracedo Añón (2º C do CEIP Otero Pedrayo).
  • Gabriela Díaz Montes (2º do CEIP Alfredo Brañas).

Categoría C (3º e 4º de primaria)

  • Daniela Mallo Mallo (4º do CEIP de Caión).
  • Alejandro Varela Añón (4º do CEIP Alfredo Brañas).
  • Leia García Nogareda (4º C do CEIP Otero Pedrayo).

Categoría D (5º e 6º de primaria)

  • Aroa Rojo Pérez (6º do CEIP de Caión).
  • Alba Vázquez Gende (6º A do CEIP Otero Pedrayo).
  • Román González Otero (6º do CEIP Alfredo Brañas).