Concello
O Concello mellora a estrada de montemaior entre os núcleos da Baiuca e A Pena
08/08/2023
Continuando co plan de mellora da rede viaria municipal, o Concello ten en fase de execución unha intervención que afecta á estrada rural da parroquia de Montemaior que comunica os lugares da Baiuca e A Pena, incluíndo tamén a pavimentación nese último núcleo.
A intervención consiste na renovación completa da superficie de rodadura dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico. Ademais, contémplase a adecuación das cunetas e o aproveitamento dos sobreanchos para ampliar a plataforma da calzada.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Pablo Cambón, realizaron unha visita ao lugar das obras para coñecer o resultados dos traballos que se están a executar e que afectan a un lonxitude lineal de case setecentos metros.
O proxecto, valorado en 65.000 euros, culminarase coa sinalización horizontal e vertical para o reforzamento da seguridade viaria.