• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello programa tres xornadas para coñecer o patrimonio municipal vinculado aos muíños de auga

01/08/2023

Os entornos fluviais do termo municipal da Laracha posúen unha extraordinaria riqueza paisaxística, medioambiental e etnográfica vinculada aos muíños de auga que o Concello anima a coñecer a toda a cidadanía.

Precisamente con ese obxectivo os tres próximos xoves (días 10, 17 e 24 de agosto) en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) realizarase unha actividade consistente nunha visita ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte que se complementará cunha andaina de 4 quilómetros a carón do Acheiro na que poderán observarse os restos de antigos muíños ao paso do río polas parroquias de Golmar e de Vilaño.

A inscrición, que é gratuíta, xa está aberta e debe formalizarse acudindo á oficina de información turística de Caión ou chamando ao 981604324.

A Ruta da muiñeira a ritmo do río Acheiro que se vai realizar nesas tres xornadas cunha guía municipal especializada está incluída dentro do programa A Laracha Activa, que propón ese e outros seis percorridos para realizar de forma autónoma en calquera época do ano.