• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

REMATA O CURSO DE COMERCIALIZACIÓN E VENDA ELECTRÓNICA REALIZADO NA LARACHA

20/01/2017

José Ramón Martínez Barbeito, tenente alcalde do Concello da Laracha, asistiu hoxe ao acto de clausura do curso de comercialización e venda electrónica que se desenvolveu no edificio de servizos múltiples da capital municipal durante os últimos días.

Nas trinta horas de duración desta acción formativa os once alumnos aprenderon cuestións como que é un negocio on-line, as diferentes plataformas de comercialización existentes e tamén as nocións básicas para crear unha tenda electrónica e xestionala posteriormente. Ademais, expuxéronse técnicas de marketing, publicidade e ofreceuse información sobre como mellorar o posicionamento web da empresa.

Nos próximos días todos os participantes recibirán os seus diplomas acreditativos de ter completado o curso de xeito favorable.

Este programa de formación gratuíta foi ofertado polo Concello da Laracha a través do proxecto Rede Xiana 2, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña e financiado polo Fondo Social Europeo.