• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O IES AGRA DE LEBORÍS ACOLLE A EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DE XÉNERO… DILLE NON!”

12/01/2017

O IES Agra de Leborís da Laracha acolle entre o 11 e o 22 de xaneiro a exposición gráfica ilustrada titulada Á Violencia de Xénero… Dille Non!   

 

Trátase dunha mostra itinerante dirixida especialmente á xente moza. Formada por dez viñetas, por medio de debuxos e mensaxes concisas e directas pretende chamar a atención para visibilizar, previr, sensibilizar e crear conciencia social ante esta problemática, sempre desde os piares da liberdade, a igualdade entre homes e mulleres, a tolerancia e o respecto.   

 

A iniciativa lévase a cabo no marco do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a creación da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, da que o Concello da Laracha forma parte. 

 

Os obxectivos fundamentais da citada Rede é a procura do rexeitamento social e institucional á lacra que supón a violencia de xénero, sensibilizar á poboación e buscar a implicación e compromiso real da cidadanía, fomentando ao mesmo tempo modelos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

Compartir: