• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O CONCELLO E O HOSPITAL VETERINARIO XAROPE COLABORAN COA ASOCIACIÓN AMIGOS DE LOS PERROS

12/01/2017

O Concello da Laracha e o Hospital Veterinario Xarope doaron á Asociación Amigos de los Perros de Carballo 360 quilos de pienso co dobre obxectivo de colaborar coa citada entidade e mostrar o seu apoio ao labor que están a desenvolver en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.   

 

O alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e Luis González –en representación da clínica-, fixeron entrega dos sacos de comida para os cans a Jacinto Codosero, responsable da entidade, nas propias instalacións do centro veterinario, situadas na larachesa rúa Santa Lucía.   

 

A Asociación Amigos de los Perros xestiona un centro de acollida e realiza unha importante función de recollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos.   

 

Ademais, esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.

Compartir: