Concello
O Concello acondiciona a praia de Caión e o seu entorno de cara á Semana Santa
02/04/2023
A praia de Caión e o seu entorno foron obxecto dunha completa intervención co propósito de que estean nas máis óptimas condicións de cara á Semana Santa.
Estas actuacións están contempladas no contrato do servizo de limpeza viaria, polo que foron executada pola empresa concesionaria a instancias do Concello.
Na praia os traballos fixéronse de dous xeitos complementarios. Empregáronse medios mecánicos para acometer o cribado en toda a superficie e á nivelación de area nos puntos que así o requirían debido ao arrastre provocado nos últimos meses pola forza das mareas. Ao mesmo tempo, unha cuadrilla encargouse da recollida de lixo por medios manuais
Simultaneamente, estanse a realizar as actuacións oportunas de limpeza e acondicionamento nos accesos á praia e nas zonas de aparcamento de vehículos.
Ante a previsión dunha maior afluencia de persoas á vila de Caión durante a os próximos días, desde o goberno municipal considérase que ofrecer aos usuarios da praia un areal en boas condicións de hixiene e salubridade, cómodos accesos e alta calidade de servizos no seu entorno, ademais de beneficiar aos veciños do municipio en xeral será, tamén, un importante incentivo para atraer turistas e visitantes durante a Semana Santa, posibilitando reforzar a actividade económica na localidade, especialmente no sector da hostalería.