• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

25/11/2016

En conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se celebra o 25 de novembro, o Concello da Laracha organizou a II Festa da Igualdade que se desenvolveu no pavillón do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e na que participaron 190 alumnos de 5º e 6º de primaria dese mesmo centro de ensino, do CEIP Otero Pedrayo da Laracha e do CEIP de Caión. 

 

Ao remate do evento presentouse o Videoclip Pola Igualdade realizado polo alumnado, que se pode visualizar accedendo á ligazón que aparece ao final desta nova. 

Por outra banda, os catro grupos políticos con representación na Corporación municipal aproveitaron a celebración do Pleno ordinario correspondente ao mes de novembro para asinar unha declaración institucional rexeitando a violencia de xénero e animando á poboación larachesa a sumarse á el. O texto completo está dispoñible no documento descargable.Ligazóns

 

 

Videoclip pola Igualdade

 

 

Descargas

 

Declaración Institucional 25 Novembro 2016

 

 

Compartir: