• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

OS CIM DA LARACHA E ARTEIXO ORGANIZA UNHA VISITA Á CASA GRANDE DE XANCEDA

13/12/2016

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, en colaboración co CIM do Concello de Arteixo, organiza unha visita á Casa Grande de Xanceda, empresa de referencia no sector lácteo ecolóxico e radicada na localidade de Mesís.   

 

A excursión terá lugar este sábado día 17 de decembro en horario de tarde, con saída do autobús prevista desde a explanada do IES Agra de Leborís ás 14:30 horas.   

 

As mulleres que desexen participar nesta excursión deben formalizar a súa inscrición, que é gratuíta, acudindo á oficina do CIM (no edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da céntrica avenida Fisterra) ou chamar o teléfono 981 612 811. O prazo remata o xoves. As asistentes poderán ir acompañadas polas súas fillas e fillos.   

 

Este será o quinto encontro entre os CIM dos concellos da Laracha e de Arteixo. En anteriores edicións visitáranse o Museo do Xoguete de Ponteceso e o Pazo de Mariñán. A iniciativa inclúese no marco das actividades que se organizan en torno ao 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Compartir: