• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde reúnese no Concello cos profesionais do sector do taxi

03/02/2023

O alcalde, José Manuel López Varela, acompañado por persoal técnico municipal, mantivo unha reunión no Concello cos profesionais do sector do taxi á que se convidou a asistir a todos os titulares de licencias municipais.

Na xuntanza tratáronse cuestións relativas ao funcionamento do servizo, expoñendo ideas e consensuando medidas para melloralo en beneficio tanto dos usuarios como dos profesionais do sector.

No Concello da Laracha son actualmente oito os vehículos que prestan servizo de taxi.