• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A CEMMA impartirá en Caión unha actividade de simulacro de rescate de animais mariños

07/11/2022

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), coa colaboración do Concello da Laracha e da Deputación da Coruña, ofrecerá este sábado a partir das 11:00 horas na praia de Caión unha actividade consistente nun simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

Persoal especializado da citada ONG impartirá este obradoiro coa finalidade de informar aos asistentes sobre o que deben facer no caso de atopar un animal desas características no areal para ofrecerlle os primeiros auxilios e a asistencia oportuna para aumentar as súas posibilidades de supervivencia.

A iniciativa vai dirixida a persoas de todas as idades e é apta para o público familiar. A inscrición xa está aberta, é gratuíta e debe formalizarse enviando un correo electrónico cos datos dos participantes a cemmasolicitud@gmail.com.

Ademais de realizar o obradoiro, a CEMMA tamén cederá equipamento á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para facilitar a intervención ante rescates dese tipo.