• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As persoas participantes no programa "A Laracha acolle" realizan unha visita cultural ao Castro de Montes Claros

04/11/2022

As persoas participantes no espazo Exprésa-T do programa A Laracha acolle realizaron hoxe unha visita cultural ao Castro de Montes Claros acompañadas pola concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

A Laracha acolle vai dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal -prioritariamente, ao colectivo das mulleres- e ten por finalidade a súa inclusión social e cultural. Componse de dúas liñas de acción complementarias. Por unha banda, o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e, pola outra, a creación do espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

 

As persoas interesadas en participar no programa A Laracha acolle deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ben acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.