• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A LARACHA ACOLLE UN CURSO DE COMERCIALIZACIÓN E VENDA ELECTRÓNICA

02/01/2017

O Concello da Laracha acollerá a mediados de xaneiro un curso de comercialización e venda electrónica. Trátase dun programa de formación gratuíta que se oferta a través do proxecto Rede Xiana 2, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña e financiado polo Fondo Social Europeo.  

Nas trinta horas de duración desta acción formativa os alumnos aprenderán que é un negocio online, coñecerán as diferentes plataformas de comercialización existentes e tamén as nocións básicas para crear unha tenda electrónica e xestionala posteriormente. Por último, exporanse técnicas de marketing, publicidade a como mellorar o posicionamento web da empresa.  

Ata o día 10 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que as persoas interesadas poidan presentar as súas instancias e participar no procedemento de selección dos alumnos. No Concello da Laracha tamén se ofrecerá información sobre a documentación a achegar xunto ás solicitudes.  

PROGRAMA DO CURSO:

1. Introdución aos negocios online
1.1. De ónde vén isto? Orixes do comercio electrónico.
1.2. Qué é e que non é comercio electrónico.
1.3. Mitos e realidades do comercio electrónico

2. Introdución ás plataformas de comercialización
2.1. Clasificación xeral das plataformas.
2.2. Algúns exemplos
2.3. Pros e contras de cada tipo de tenda

3. Tipos de comercio electrónico
3.1. Tipos de comercio electrónic segundo o cliente

  • B2B
  • B2C
  • B2A
  • B2E
  • C2C
  • C2G
  • B2G

 

4. Cómo crear unha tenda electrónica

4.1. Os clientes

4.2. Aloxamento

4.3. Dominios

4.4 Front Office: O que se ve

4.5. Back Office: O que NON se ve 

 

5. Xestión dunha tenda electrónica

5.1. Aspectos comúns das tendas online

  • Catálogo
  • Pagos
  • Transporte e loxística
  • Selos e confianza

5.2. Modelos de xestión

Modelo tradicional: como a tenda de sempre, pero en internet

Dropshipping: vende o que non tes e non o merques 

 

6. Publicidade da empresa en internet e posicionamento web

6.1. Introdución ao marketing por internet

6.2. Marketing nos buscadores

6.3. E- mail marketing

6.4. Microsite y blogs

6.5. Marketing viral e marketing de baixo coste

6.6. SEO e SEM

6.7. Factores do posicionamento

6.8. Algunhas técnicas

6.9. Outros aspectos 

 

7. Referencias lexislativas aplicables ao comercio electrónico

7.1. Prestación do servizo de comercio electrónico

7.2. Protección de datos

7.3. Defensa do consumidor

7.4. Información precontractual

7.5. Outros aspectos 

 

A documentación a remitir é a seguinte: 

 

1. Para as persoas que xa participaron nas accións formativas anteriores: 

a. Tarxeta de demandante de emprego actualizada b. Informe de vida laboral actualizados. 

 

2. Para as persoas que non participaron nas accións formativas anteriores: 

a. Ficha de Inscrición (MD-PRE-08) debidamente cumprimentada e asinada.

b. Fotocopia de DNI ou do NIE no seu caso. 

c. Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego debidamente actualizada. 

d. Certificado ou volante de empadroamento. 

e. Informe de Vida Laboral actualizado (emitido no mes no que se realice a inscrición)

 

3. Documentación proceso selectivo:   

a. Ficha de Valoración RM (MD-PRE-09). 

b. Proceso de Selección (MD-PRE-10).

Compartir: