• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O MARTES, CHARLA INFORMATIVA SOBRE O CONTIDO DA NOVA LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DOS ANIMAIS DE COMPAÑÍA

06/05/2016

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz, estará o martes (día 10 de maio) na Laracha para explicar o contido do anteproxecto da nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía, así como as melloras que se incluirán na normativa tralas propostas presentadas polas diferentes entidades e asociacións durante o período de exposición pública.   

O encontro celebrarase a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta para todas as persoas que desexen acudir e resolver todas as súas dúbidas ao respecto.   

Esta nova lei está a ser tramitada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio co obxectivo de establecer as normas que garantan a protección e benestar, así como a posesión e tenza responsable, dos animais de compañía, incluíndo os silvestres mantidos en catividade con fins distintos dos produtivos.   

Entre os contidos a tratar na charla están o uso dos cans en actividades cinexéticas ou, entre outras moitas cuestións, determinadas prohibicións na utilización de ferramentas de adestramento dos animais domésticos.

Compartir: