• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A 9ª xornada micolóxica “As setas da Laracha” celebrarase o domingo 30 de outubro

13/10/2022

O Concello organiza a novena edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha que se celebrará o domingo día 30 de outubro. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración de Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 9:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 11:30 h regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes. A xornada finalizará coa charla informativa Curiosidades do reino fungi que ofrecerá Raquel Poncini a partir das 12:30 h na Casa da Cultura.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha xa está aberto. Apuntarse é gratuíto e pode facer en liña cubrindo este FORMULARIO, ou tamén acudindo ou chamando ao Concello. A proposta vai dirixida a todos os públicos.