• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organiza unha excursión a Viveiro e Foz dirixida a persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas

17/09/2022

O Concello organiza unha excursión dirixida ás persoas maiores de 55 anos, xubiladas e pensionistas do municipio. Neste caso o destino serán as localidades luguesas de Viveiro e Foz. Trátase dunha proposta lúdica, recreativa e cultural que se marca como obxectivo esencial optimizar o tempo de lecer deste colectivo e axudar a tecer relacións sociais entre os asistentes.

A excursión terá lugar durante o día 27 de setembro, estando a saída dos autobuses prevista para as nove da mañá desde a praza Olonne sur Mer da Laracha. Durante a xornada visitaranse a Basílica de San Martiño, a exposición de pasos de Semana Santa e o Monte de San Roque.

O prazo de inscrición será do martes ao xoves da próxima semana (do 20 al 22 de setembro). A cota que deberán aboar os participantes é de 18 euros, que inclúen o transporte, o xantar e todas as actividades que se desenvolverán durante a viaxe. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no departamento de Servizos Sociais (edificio administrativo da Laracha). As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

O Concello recupera este tipo de iniciativas que tan boa aceptación tiveran entre a poboación larachesa e que non se puideron organizar durante os dous últimos anos por causa da pandemia do coronavirus.