• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora a rede viaria con actuacións nas parroquias de Vilaño, Lendo, Coiro, Caión e Cabovilaño

31/07/2022

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da rede viaria que afecta a estradas de cinco parroquias diferentes.

Unha das intervencións localízase no lugar de Vilanova, na parroquia de Vilaño, e consiste na pavimentación dun tramo da estrada que presentaba un firme en terra, así como o acondicionamento dos sobreanchos para o aparcamento de vehículos. A ese lugar o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Rocío López, acudiron para comprobar o resultado dos traballos que se están a acometer.

O proxecto tamén inclúe actuacións de mellora da rede viaria no Campo da Porta (parroquia de Lendo), A Painceira (Coiro), Goxán (Caión) e Cardois (Cabovilaño). Ademais da renovación da capa de rodadura, contémplase a correspondente sinalización vertical e horizontal para reforzar a seguridade viaria.

O investimento total alcanza os 72.000 euros.