• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Canteras El Pozo, campión do 35º torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol

11/07/2022

Canteras El Pozo proclamouse campión da 35ª edición do Campionato de Peñas de Fútbol “Concello da Laracha” tras vencer na final por 2-1 a Sporting Laracha.

O encontro disputouse o pasado sábado no Campo Municipal da Laracha e estivo marcado polo intenso calor, xa que a temperatura foi próxima aos 30º durante os noventa minutos.

Canteras El Pozo domiñou xa desde o inicio, mostrándose superior a Sporting Laracha nos primeiros compases e obtendo o premio do gol grazas a un lanzamento directo de falta de Freire no minuto 20. O conxunto de Soandres mandaba no electrónico e tamén continuaba facéndoo no céspede, o que se viu reflexado no 2-0 marcado por Kevin pouco despois do descanso.

Na última media hora do partido Sporting Laracha tratou de impoñer o seu xogo na zona central do campo, adiantou liñas e asumiu o control da posesión. Fufa marcou de cabeza o 2-1 para darlle emoción aos minutos finais. Sen embargo, Sporting Laracha foi incapaz de xerar novas ocasións de perigo. Canteras El Pozo defendeu ben os balóns aéreos e mesmo puido sentenciar o encontro cunha dobre oportunidade salvada en primeira instancia polo traveseiro e, a continuación, polo gardameta Roberto sobre a liña de gol cunha sensacional reacción tralo remate do dianteiro.

Os trofeos foron entregados polo tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira de Deportes, Patricia Bello.

 

FICHA TÉCNICA DA FINAL

CANTERAS EL POZO 2 – 1 SPORTING LARACHA

Goles. 1-0 (Freire, min. 20); 2-0 (Kevin, min 55); 2-1 (Fufa, min 76).

CANTERAS EL POZO:

Equipo inicial: Alex; Miguel, Costoya, Igor, Pablo; Jesu, Freire, Cristian, Odón; Alberto e Charry.

Tamén xogaron: Martín, Kevin,  Sergio, Boby, Rodri, Gonza, Santos e Ramón.

Adestrador: Jorge Eijo.

SPORTING LARACHA:

Equipo inicial: Roberto; Borrallo, Óscar, Loureiro, César; Germán, Fufa, Bruno, Dani; Cachizo e Chile.

Tamén xogaron: Oswaldo, Pedro de Coiro, Fran Eirís, Jacinto, Alberto, Catrufo, Josecho, Pichín, Michael e Michi.

Adestrador: Tonio dos Muíños.