• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde felicitou a José Cabeza Caamaño polo seu 100 aniversario

08/07/2022

O señor José Cabeza Caamaño cumpre hoxe 100 anos. Nesta data tan sinalada recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Patricia Bello, que o felicitaron o agasallaron en nome da Corporación municipal cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

José Cabeza, coñecido como ‘Che de Xacobe’ e natural de Sofán (Carballo), reside desde hai 76 anos na súa vivenda do lugar da Teixoeira (parroquia de Cabovilaño), a aldea natal da súa muller. Actualmente reside xunto ao seu fillo Suso e a súa nora María Elena. Ten tres netos e dous bisnetos, que pronto serán catro xa que outros dous nacerán nas próximas semanas.

No Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.

NOTA: Na foto, o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello xunto a José Cabeza Caamaño, o seu fillo Suso, a súa nora María Elena e Delia, unha das súas netas.