• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O programa ‘Coidados porta a porta’ estará na Laracha do 2 ao 5 de agosto

01/07/2022

A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta estará na praza Olonne sur Mer da Laracha desde o día 2 e ata o 5 de agosto en horario de 9:00 a 20:00 horas.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos e previr a dependencia nese grupo de idade.

Para pasar consulta gratuíta é preciso solicitar cita previa, ben vía telefónica chamando ao 622 748 283 ou ao 623 546 992, ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

O programa Coidados porta a porta iniciouse a finais do pasado mes de marzo e está a percorrer todos os municipios galegos agás os das sete cidades. A previsión é chegar a atender a 100.000 persoas.

Pode ampliarse información sobre o programa aquí.