• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil de Protección Civil da Laracha

30/06/2022

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha organizará un novo programa de voluntariado xuvenil que se vai realizar neste verán. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.

Esta iniciativa ponse en marcha en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

O propósito final é fortalecer a aprendizaxe dos voluntarios e reforzar os seus valores solidarios. As actividades a realizar estarán relacionadas con contidos formativos, deportivos e de sensibilización ambiental, entre outros.

Programa municipal

O Concello realizará neste verán outro programa de similares características ao que organiza Protección Civil e que tamén vai dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade.

As persoas interesadas en participar aínda poden formalizar a súa inscrición no Concello.