• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello presentará alegacións aos proxectos dos parques eólicos Carboeiro e Monteagudo

11/06/2022

Os proxectos dos parque eólicos Monteagudo e Carboeiro, así como o da liña de evacuación deste último, afectan a territorio do termo municipal da Laracha e están actualmente en exposición pública.

O Concello da Laracha anuncia que presentará alegacións a ditos documentos, para o que está a redactar os informes técnicos oportunos que detallarán e explicarán os argumentos legais, urbanísticos, medioambientais e os de impacto paisaxístico nos que se basea a postura municipal.

Así mesmo, ao longo da próxima semana o Concello porá a disposición da veciñanza documentos tipo de alegación para que poidan ser descargados da web municipal alaracha.gal e presentados de maneira particular sumándose para que calquera persoa poida sumarse a esta iniciativa municipal.

O prazo de alegacións para os casos dos proxectos do parque eólico Carboeiro e a súa liña de evacuación remata o 4 de xullo e o do parque eólico Monteagudo, o 14 de xullo.