• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Xunta somete a información pública o proxecto do parque eólico Monteagudo

01/06/2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial do parque eólico Monteagudo que afecta a territorio dos municipios da Laracha, Arteixo e Carballo.

O proxecto contempla a instalación de cinco aeroxeneradores de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, dos cales un estaría situado en territorio da larachesa parroquia de Lendo.

Na publicación no DOG inclúese a localización exacta do parque eólico, que é promovido por Eólicos Breogán S.L.U., e a súa área de afección: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220601/AnuncioV0653-230522-0018_gl.html.

A documentación completa está dispoñible nesta ligazón ao portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O prazo para presentar alegacións ou observacións é de 30 días.