• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A MESA LOCAL DE COMERCIO ULTIMA OS PREPARATIVOS DA 4ª FEIRA MULTISECTORIAL DA LARACHA

10/10/2016

A cuarta edición da Feira Multisectorial de Oportunidades que organiza a Asociación de Comercio, Servicios e Industria da Laracha (ACSIL) en colaboración co Concello desenvolverase na fin de semana do 12 e 13 de novembro nas instalacións do pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís.   

Precisamente para ultimar os detalles do evento o 6 de outubro celebrouse no Salón de Plenos unha reunión da Mesa Local de Comercio, na que estiveron representados o Concello da Laracha –nas figuras dos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López-, a Xunta de Galicia –en Alberto Vázquez Sanmartín- e ACSIL –na súa presidenta, Concha Iglesias-.   

Na xuntanza informouse aos membros da Mesa Local de Comercio sobre as características do evento. A instalación na que se desenvolverá ten capacidade para cincuenta e cinco postos de 3x3 metros de dimensións, sendo tres o máximo que pode reservar cada empresa.   

Potenciar o comercio local da Laracha e difundir todas as posibilidades que ofrece aos consumidores son os obxectivos esenciais da organización desta Feira Multisectorial. Canda menos dous terzos dos postos deben estar ocupados por empresas e establecementos locais –sexan ou non socios de ACSIL-, que por eses motivos teñen prioridade á hora de realizar as reservas. No caso de que quedasen stands libres, ofreceríanse a empresas doutros municipios. As persoas responsables de negocios que desexen estar presentes deben solicitalo poñéndose directamente en contacto con ACSIL.

Compartir: