Concello
En marcha as obras coas que se reforzará o servizo de abastecemento de auga na zona alta de Cabovilaño
29/05/2022
O Concello ten en marcha a execución do proxecto dirixido a reforzar o servizo de abastecemento de auga potable na zona alta da parroquia de Cabovilaño.
A actuación ten por finalidade aumentar o caudal da traída da rede que abastece ás vivendas situadas en Nogán, Cardois, Xeriz e A Teixoeira. Neses núcleos detectouse que, de xeito puntual e unicamente cando se producen os picos de maior consumo coincidindo coa época estival, a presión da auga é insuficiente.
Esta problemática resolverase coa instalación dun bombeo no Igrexario de Cabovilaño equipado cun variador de frecuencia que permitirá, de modo automático, adaptar as condicións do subministro ás necesidades que se presenten en cada momento, garantíndose así a prestación do servizo con plena garantía de calidade durante todo o ano.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleir de Obras Públicas, Jesís Souto, estiveron no lugar das obras para coñecer en situ o desenvolvemento dos primeiros traballos.
A execución desta actuación é financiada integramente con fondos propios municipais.