• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

O concurso de marcapáxinas organizado polo Concello xa ten gañadoras

19/05/2022

Xa hai gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas e no que se convidara a participar ao alumnado de educación primaria.

O xurado, tras valorar todos os traballos presentados, acordou outorgar os seguintes galardóns:

Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria:

  • 1º premio: Sofía Queijo Rey por “Soñar esperta, cos ollos abertos”.
  • 2º premio: Vera Castro Cacharrón por “Un conto”.

Alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:

  • 1º premio: Uxía Rodríguez Cotelo por “Eu elixo ler”
  • 2º premio: Noa Cabezas Martínez por “Os extraterrestres tamén len.

As catro galardoadas recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. E entrega dos premios será o venres da semana que vén (27 de maio) ás 19:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da Rede de Bibliotecas Municipais.

Os marcapáxinas permanecerán expostos ao público durante os próximos días na biblioteca municipal da Laracha.