• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Remata a execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética nos pavillóns municipais

28/06/2019

O Concello da Laracha vén de rematar a execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética que implicou o cambio de luminarias de alumeado interior nos pavillóns do complexo deportivo Municipal da Laracha, IES Agra de Leborís, CEIO de Paiosaco e Xermaña en Caión.

A actuación foi promovida co apoio económico do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) –entidade pública dependente da Secretaría de Estado de Energía e adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica- ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos singulares promovidos por entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O investimento alcanzaou os 51.594,40 euros, dos cales 41.275,52 euros foron achegados polo IDAE.