• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Xunta de Goberno adxudica a execución do proxecto de mellora viaria na parroquia de Montemaior

05/05/2022

Na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe foi adxudicada a execución dun novo proxecto de mellora da rede viaria en Montemaior valorado en 95.000 euros.

A actuación afecta a varias estradas da parroquia que suman unha distancia lineal próxima aos doce quilómetros.

Nas vías dos núcleos e nos accesos a O Batalo, Bardenlos  e A Ferreira serán melloradas a superficie de rodadura dos vehículos, a rede de recollida de augas pluviais e as cunetas. Ademais, realizaranse as sinalizacións viarias oportunas, tanto horizontal como vertical, nos puntos nos que así sexa necesario.

No lugar de Casaslongas a intervención afectará a tres camiños e consistirá no aporte dunha nova capa de agloramerado para facilitar a circulación.

No núcleo de O Lorteiro ademais da renovación do firme tamén se contempla o acondicionamento dos sobreanchos para habilitar máis prazas de estacionamento e a correspondente sinalización.

Por último, en Pazos tamén será mellorada a superficie de rodadura dos vehículos incluíndo nova sinalización horizontal e vertical.