EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO PARA A FORMACIÓN DAS LISTAS DO TRIBUNAL DO XURADO
22/09/2016
O sorteo para a formación das listas do Tribunal do Xurado da provincia da Coruña celebrarase o mércores 28 de setembro ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Oficina do Censo Electoral (rúa Adelaida Muro, 12. A Coruña).
De conformidade coa lexislación vixente, o Concello da Laracha abre o prazo de exposición ao público do censo vixente para o citado sorteo. A documentación estará a disposición das persoas que desexen consultala na Secretaría Xeral do Concello da Laracha do 20 ao 26 de setembro.