• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organiza un concurso de marcapáxinas en torno ao Día das Letras Galegas

30/04/2022

O Concello presentará nos próximos días o programa de actividades que se levará a cabo en torno ao Día das Letras Galegas, pero xa adianta a posta en marcha, por segundo ano consecutivo, dun concurso de marcapáxinas no que se convida a participar ao alumnado de educación primaria, isto é, a todos os nenos empadroados no termo municipal de idades comprendidas entre os seis e os doce anos.

As elaboracións deben ser feitas, preferentemente, en cartolina e ter un tamaño de vinte centímetros de alto e seis centímetros de ancho. Poden presentarse desde este luns e ata o día 18 de maio en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión).

Están establecidas dúas categorías de premios, sendo a primeira para o alumnado de 1º, 2º e 3º, e a segunda, para os de 4º, 5º e 6º de primaria. En cada categoría haberá dous premios compostos por lotes de libros ou material didáctico e educativo adaptado a cada grupo de idade. Ademais, os dous traballos que obteñan o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais deste ano.

Os propósitos esenciais da organización deste concurso son estimular a creatividade dos nenos e achegalos ao mundo dos libros animándoos a visitar as bibliotecas en torno a unha data tan sinalada como o Día das Letras Galegas.

 

DescargaBases