• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O centro sociocomunitario de caión acolle a exposición fotográfica ‘A Costa da Morte... Namora’

28/04/2022

O centro sociocomunitario acollerá desde mañá venres e ata o vindeiro día 30 de xuño a exposición fotográfica ‘A Costa da Morte... Namora’, unha recompilación de imaxes desta zona do litoral galego da fisterrá Chelo do Xastre.

Todas as instantáneas están centradas en paisaxes da Costa da Morte, destacando a presenza dos seus faros e os lugares emblemáticos nos que se sitúan. A autora destaca que igual que eses faros guiaron sempre aos mariñeiros, tamén a dirixiron a ela durante o proceso de toma das fotografías desta mostra.

A exposición ‘A Costa da Morte... Namora’ poderase visitar de xeito gratuíto durante o horario habitual de apertura do centro sociocomunitario de Caión, isto é, de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.