• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello instala unha estación de lavado de bicicletas xunto ao IES Agra de Leborís

27/04/2022

O Concello instalou e puxo hoxe en funcionamento unha estación de lavado de bicicletas na rúa Manuel Murguía da Laracha, xunto ao IES Agra de Leborís.

Este novo equipamento, que xa está a disposición da cidadanía, é público e de uso gratuíto. Consta dun espazo no que introducir a bicicleta, mangueira de auga a presión e catro cepillos para a limpeza manual asegurados con cables e que presentan diferentes características para adaptarse a cada unha das partes da bicicleta.

O Concello considerou que esta localización era a máis axeitada para implantar o o lava-bicis tendo en conta a súa situación estratéxica, dentro do núcleo urbano da capital municipal, nunha zona residencial que tamén é un punto de encontro para as familias pola presenza dos parques infantís da Praza o Recreo e para a mocidade por situarse xunto ao centro de ensino. Ademais, está nas proximidades tanto do complexo da piscina municipal como da nova zona deportiva que o Concello está a crear pola parte posterior do instituto.

O Concello agarda que a estación de lavado sexa un incentivo para que a bicicleta gañe terreo na Laracha como un medio de transporte máis sostible e saudable.