Concello
O Concello dota co servizo de abastecemento de auga ao núcleo da Curuxeira
23/04/2022
O Concello financia integramente con fondos municipais a intervención que se está a executar no lugar de A Curuxeira (parroquia de Soandres) e que ten unha dobre finalidade.
Por unha parte, estase a realizar a canalización do servizo de abastecemento de auga para dotar coa traída á totalidade deste núcleo de poboación. Por outra banda, tamén se contempla o acondicionamento da cuneta para mellorar a recollida de pluviais, intervención que cobra especial neste punto da rede viaria, xa que presenta unha importante pendente e conecta directamente coa estada DP-1913.
Este proxecto alcanza un orzamento próximo aos 20.000 euros. O concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, realizou unha supervisión das obras para coñecer de primeira man o resultado dos traballos que continuarán durante os próximos días.
A ampliación de servizos á poboación como a traída da auga e o mantemento en bo estado da rede viaria municipal son actuacións consideradas prioritarias para o goberno local, xa que supoñen o incremento da calidade de vida especialmente para os veciños residentes en zonas rurais.