• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Unha trintena de laracheses participan na excursión por Asturias organizada polo Concello

19/04/2022

Trinta laracheses están a participar desde onte luns na excursión por Asturias que organiza o Concello para ofrecer unha alternativa cultural e de ocio para as persoas maiores de 65 anos de idade, xubiladas e pensionistas. Forman parte da expedición o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López.

A viaxe comezou na mañá de onte coa saída do autobús desde a Praza do Concello ás oito da mañá, visitando nesa primeira xornada a localidade de Cudillero pola mañá e a cidade de Oviedo pola tarde. O percorrido de hoxe está a ser por Ribadesella, Llanes e o Santuario de Covadonga.

Mañá os participantes coñecerán Avilés pola mañá e o Museo da Minería de Asturias pola tarde. O xoves realizaranse visitas guiadas polas cidades de Xixón e Oviedo. Por último, o venres haberá paradas no poboado mineiro de Bustiello, en Mieres e en Luarca antes de emprender a viaxe de regreso.