• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS CEDE AO CONCELLO UNHA EMBARCACIÓN DE RESCATE E SALVAMENTO

22/09/2016

A concelleira Rocío López desprazouse o 16 de setembro ata a sede da Academia Galega de Seguridade Pública, situada en A Estrada, para recibir a embarcación a motor de rescate e salvamento que foi cedida gratuitamente pola Axencia Galega de Emerxencias –dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia-, representada no acto polo Director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor Pérez.   

A cesión gratuíta ao Concello deste novo equipamento operativo destinado para uso dos equipos de emerxencia municipais (Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, socorristas, etc.) faise en virtude do convenio asinado entre ambas entidades no marco do programa Feder 2014-2020.   

O obxectivo é dispoñer do equipamento necesario para previr e xestionar as situacións de emerxencia, dando unha resposta inmediata e de calidade e garantindo, deste xeito, a eficacia dos equipos municipais fronte a riscos en zonas costeiras ou tamén os motivados por fenómenos da natureza.

Compartir: