Concello
Un contedor amarelo xigante na Praza do Concello promociona a campaña “Únete ao reto!”
06/04/2022
Na Praza do Concello está instalado desde hoxe un contedor amarelo xigante para dar difusión á campaña Únete ao reto! de promoción da reciclaxe, da que forma parte A Laracha e que impulsan a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e Ecoembes.
A Laracha é un dos trece municipios galegos participantes neste programa e ten a oportunidade de gañar un premio de 2.000 euros para doar a unha causa social local. Para conseguilo é fundamental á implicación da cidadanía, xa que se debe incrementar nun 10% con respecto ás cifras dos meses de marzo, abril e maio do ano pasado a reciclaxe dos contedores amarelos nos que se depositan envases de plástico, bricks, latas, etc.
Durante o último mes xa se desenvolveron unha serie de iniciativas divulgativas da campaña Únete ao reto!, incluíndo a implicación dos establecementos comerciais coa colocación de material divulgativo e o reparto realizado na feira de Paiosaco
Pódese ampliar información sobre este programa na súa páxina web: https://uneteaoreto.com/.