Concello
Aberta a inscrición para os servizos de axuda á conciliación durante a Semana Santa
26/03/2022
O Concello abriu a inscrición para os servizos de axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se prestará na Semana Santa os días 11, 12, 13 e 18 de abril, isto é, nas xornadas laborables e de vacacións nos centros de ensino.
Os servizos prestaranse a través do Programa Harmoniza nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo. Van dirixidos a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos cuxos proxenitores xustifiquen a necesidade de ser beneficiarios.
Así, no caso de alcanzar un número mínimo de asistentes, o servizo Madrugores funcionará nas citadas datas de 7:00 a 9:00 horas e a continuación, de 9:00 a 14:00 horas, ofrecerase o servizo de aula lúdica.
En ambos casos as inscricións debe formalizarse acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no edificio administrativo da Laracha. O prazo remata o luns 4 de abril.