• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As zonas urbanas xa contan coa nova iluminación pública tras completarse o proxecto de mellora da eficiencia enerxética

06/01/2021

Os núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión xa contan coas novas lámpadas de iluminación pública unha vez completada a execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética. Para o cofinanciamento desta intervención contouse co apoio económico do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) –entidade pública dependente da Secretaría de Estado de Energía e adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica- ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos singulares promovidos por entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

A intervención supuxo un investimento total de 461.415,39 euros, dos cales 369.132,31 euros serán achegados polo IDAE e, os 92.283,08 euros restantes, polo Concello con fondos propios municipais.

O Concello continuará no futuro actuando na mellora do alumeado público, incorporando novos puntos de luz e ampliando o servizo especialmente naqueles lugares nos que se están a construír novas vivendas.