A mellora da estrada DP-0513 implicará restricións ao tráfico o xoves e o venres
28/09/2016
As actuacións de mellora da estrada provincial DP-0513 (Paiosaco-Caión) que se levarán a cabo nas xornadas de mañá xoves e o venres suporán restricións temporais ao tráfico no tramo desta vía entre A Barreira e Corteo.
Durante o desenvolvemento dos traballos non se permitirá a circulación nesta estrada a excepción dos autobuses de transporte escolar, que manterán o seu itinerario habitual. O corte ao tráfico estará debidamente sinalizado.
Desde o Concello da Laracha recomendamos como alternativa para desprazamentos entre A Laracha e Caión –e viceversa- a estrada de Lendo (DP-1913) e a DP-1909 (Caión-Carballo).