• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Finaliza a execución do proxecto de renovación de luminarias no ámbito do parque empresarial

02/01/2021

O Concello da Laracha finalizou a execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética no ámbito do parque empresarial coa renovación das luminarias do alumeado público. A actuación foi promovida co apoio económico do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) –entidade pública dependente da Secretaría de Estado de Energía e adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica- ao abeiro da convocatoria de subvencións para proxectos singulares promovidos por entidades locais para favorecer o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O dobre obxectivo foi reforzar a aposta municipal pola redución das emisións para combater o cambio climático e adelgazar o gasto enerxético sen minorar a calidade do servizo.

A intervención supuxo un investimento de 168.092,04 euros, sendo a achega do IDAE para o seu cofinanciamento de 124.473,63 euros e asumindo o Concello con fondos municipais os 43.618,31 euros restantes.