• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Comezaron novos cursos do programa municipal de actividades

08/02/2022

O curso de pequecociña do programa municipal de actividades 2021-2022 xa están en marcha nas instalacións do centro sociocultural de Lendo, onde unha vintena de nenos asistirán ás clases os luns de 17:00 a 19:00 horas durante os próximos catro meses.

Ese curso estaba previsto que se iniciase en xaneiro, pero retrasouse o seu comezo debido á situación epidemiolóxica naquel momento. É o mesmo caso dos cursos de bailes latinos para adultos e de tiro con arco para nenos que principiaron o pasado xoves e o sábado respectivamente.

As últimas actividades poranse en marcha en marzo. Xa están todas as prazas cubertas nos dous cursos de informática (iniciación a internet e emprego do paquete Office), cociña, arte floral, aquagym e pádel para nenos.

Aínda quedan prazas dispoñibles en pádel para adultos, tanto na quenda de iniciación como na de perfeccionamento. En ambos casos o horario será os sábados pola mañá e terá unha duración de tres meses, comezando o 5 de marzo.

Un ano máis este programa municipal de actividades está a ter un rotundo éxito de participación, superándose as mil persoas inscritas entre as trinta e unha propostas ofertadas para nenos e adultos que se veñen desenvolvendo desde o pasado mes de novembro.