• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello organiza un obradoiro de poda e enxerto de árbores froiteiras

27/01/2022

O Concello organiza o obradoiro de poda e enxerto de árbores froiteiras que se vai realizar o sábado 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 13:00 horas nas instalacións de Viveiros Amado, situadas no lugar de A Braña Grande (parroquia de Cabovilaño), a carón da estrada AC-552.

As inscricións son gratuítas, xa están abertas e deben formalizarse ben acudindo ao Concello ou chamando ao 981605001. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Os únicos requisitos para poder anotarse son estar empadroado no termo municipal da Laracha e ser maior de idade.

Esta iniciativa ponse en marcha por primeira vez desde o Concello para ofrecer á cidadanía a oportunidade de aprender a realizar os traballos de poda e enxerto precisamente na época do ano propia para levalos a cabo.