• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Concedida a licenza urbanística para a construción dunha nova nave industrial no parque empresarial

21/01/2022

Na última sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local concedeuse a licenza de obra para a construción dunha nave industrial no parque empresarial da Laracha.

A nova edificación estará composta por dous volumes de diferentes alturas e contará cunha superficie total de 2.605 metros cadrados. Levantarase nunha parcela que alcanza os 7.490 metros cadrados.

Esta nave destinarase, principalmente, a almacenamento e tamén disporá de oficinas para a xestión da propia actividade que se desenvolverá nela.

O Concello mostra a súa satisfacción por conceder esta nova licenza urbanística que permitirá continuar enchendo de actividade o polígono industrial e crear novas oportunidades para beneficiar o movemento económico e xerar emprego no termo municipal.