Igrexa de San Xiao de CoiroVoltar a listaxe de Patrimonio

Está situada no lugar do Cruceiro, na parroquia de Coiro.
Esta igrexa, de estilo románico, é de planta rectangular, na que se distinguen unha soa nave, presbiterio e sancristía. No interior destaca unha bóveda de canón que se ve interrompida polo paso da nave ao presbiterio con cimbras de madeira.
Os muros son de carga. Sobre eles apóiase unha cuberta a dúas augas, excepto na sancristía, que é a tres augas, con cuberta de tella do país.
Cara ao exterior, o edificio mostra uns muros revocados e embranquecidos. O corpo correspondente á sancristía presenta uns muros baseados en perpiaños regulares.
A fachada principal componse dun sistema pentagonal cun marcado eixo central, no que se superpón a porta con arco de medio punto, unha xanela rectangular e unha espadana barroca de dous ocos.
O peche exterior fórmao un muro de cachotaría e o pavimento componse de lousas de pedra.