Igrexa de San Martiño de LestónVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario, Lestón
Atópase no Igrexario da parroquia de Lestón, preto do casco urbano de Paiosaco.
Está elevada en relación ao terreo circundante e rodeada por un muro de pedra que a separa da estrada e o cemiterio parroquial. Esta igrexa de recente construción (S.XX) está situada no mesmo sitio que a antiga igrexa parroquial.
Da fachada principal destacan unha sinxela espadana e o campanario.