Igrexa de San Bieito de GolmarVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario - Golmar
Atópase no Igrexario da parroquia de Golmar.
Ten unha planta de tipo salón dunha soa nave e ábsida rectangular, delimitados ambos os dous por un arco de medio punto.
O sistema construtivo caracterízase por unha cuberta a dúas augas con tella curva do país. Engadido ao muro setentrional, existe un pequeno corpo rectangular que funciona como sancristía.
A fachada, está coroada por unha espadana de estilo barroco de dous corpos con pináculos, unha porta alintelada e un pequeno óculo.