• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Igrexa da Nosa Señora do SocorroVoltar a listaxe de Patrimonio

Praza Eduardo Vila Fano - Caión

Atópase na Praza Eduardo Vila Fano, en pleno centro do casco urbano de Caión

É unha igrexa que data do século XVI, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular que acolle ao presbiterio e á sancristía, situada no altar maior.

Os muros son de cachotería de pedra, sendo o elemento máis destacable do exterior a portada plateresca que serve de acceso ao templo e está situada na parte setentrional do edificio.

É destacable, tamén, a porta de entrada, xa que presenta no tímpano un relevo de madeira que mostra unha Anunciación, unha Inmaculada e unha Virxe co Neno.

No exterior chaman a atención a torre campanario de sección cadrada e unha espadana.

Esta igrexa pertenceu ao Convento de San Agustín, fundado no século XVI. Apegado ao muro occidental da igrexa atópase o edificio, que era parte das dependencias do Convento e que, agora, unha vez restaurado no 2006, se utiliza como Centro Social e Oficina de Turismo.