• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Igrexa Parroquial de Santa María de TorásVoltar a listaxe de Patrimonio

Avda. de Caión, A Laracha

Está situada na esquina formada pola Avenida de Caión e a rúa Silverio Moreda, na parroquia de Torás, en pleno centro do casco urbano da Laracha.

Trátase dunha igrexa contemporánea, de recente construción (1968), sendo nese momento párroco D. Anselmo Graíño Calo, que dá nome á praza na que se sitúa o templo.

A tipoloxía é de planta de salón, cunha única -pero ampla- nave rectangular.

Da súa construción destacan catro grandes contrafortes en cada un dos muros laterais, dándolle ese xeito de sobriedade que a caracteriza.

A fachada principal está adornada por un gran rosetón e unha sinxela espadana na súa parte central.