Igrexa de Santiago de VilañoVoltar a listaxe de Patrimonio

Atópase no lugar de Areosa, na parroquia de Vilaño.
É unha igrexa de estilo neorrománico. A súa planta de salón consta dunha soa nave e ábsida rectangular.
O sistema construtivo é a base de muros de cachotaría, á vista excepto na sancristía -engadida posteriormente á construción- a cal posúe dúas plantas e está situada na parte posterior do edificio, podéndose acceder a ela tanto polo exterior como polo interior do templo.
A estrutura interna está composta por cimbras de madeira. No interior, o espazo da nave e do presbiterio están delimitados por un arco de medio punto.
A cuberta é a dúas augas.
A fachada principal posúe unha composición arquitectónica austera, realizada en pedra regular, cunha porta central coroada por unha espadana de dous ocos e un escudo brasonado.
O Obradoiro de Emprego Laracha IV finalizou en 2011 o acondicionamento da ampla e fermosa praza na que se sitúa a igrexa de Santiago de Vilaño.