Igrexa de Santa María Madalena de MontemaiorVoltar a listaxe de Patrimonio

O Igrexario, Montemaior
Está situada no Igrexario da parroquia de Montemaior.
É de estilo barroco (século XVII) e trátase da igrexa parroquial. Consta de planta rectangular cunha soa nave, presbiterio e sancristía, separando un arco de medio punto a nave do presbiterio.
Exteriormente, a construción é de cantaría de pedra nos esquinais e fachada, estando revocadas e embranquecidas as restantes partes dos muros.
En conxunto, na fachada destaca a sensación de ascensionalidade que provén do volume da torre, ao que hai que engadir os xogos xeométricos, que realzan os valores compositivos.